
Ferrolterra.- Esta tarde pasada o Portavoz Nacional de Anova Xosé Manuel Beiras tivo un encontro co comité de empresa de Navantia e das empresas auxiliares que están pechados na casa do concello de Ferrol. Estivo acompañado do comisionado de Coordinación Martiño Noriega.
A xuntanza tivo lugar pola tarde, cunha duración dunha hora, onde se apoiou a todos os traballadores do naval que lles amosaron as súas preocupacións pola falta de carga de traballo e o incerto futuro de toda unha comarca e como o reflexo do que lle vén enriba ao país.
Estiveron acompañados tamén de varios membros da Coordinadora Nacional, Manolo Pazo e Xosé Diego M. Leiro de Anova Ferrol, e Mónica Fdez. Rguez. de Anova Fene; dos concelleiros de Cabanas Ángel Pena e Teresa García, do sindicalista da CIG Xurxo Cordero; de Adrián Acción e Xosé Mª Fontao Pita tamén de Anova Ferrol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario