venres, 13 de decembro de 2013

A ASEMBLEA LOCAL DE ANOVA-FERROL ESCOLLE NOVA COORDINADORA LOCAL POR UNANIMIDADE


Na Asemblea Local de Anova-Ferrol, celebrada o 12 de decembro, escolleuse por unanimidade a nova Coordinadora Local, conformada por Adrián Acción Porto, María Isasi Varela, César Manso Platas, Xosé Diego Martínez Leiro, Xosé Manuel Pazo Blanco, Jennifer Prieto Silva e Aurora Rivas Hermida.


Na Asemblea marcáronse as liñas de traballo no futuro, que pasan por consolidar a organización en Ferrol e afondar na procura de solucións para os graves problemas que está a sufrir a nosa localidade e a comarca, como o desmantelamento do sector naval e a alta taxa de desemprego e contra a hipócrita posición do alcalde de Ferrol e do seu goberno, que prometen solucións pero están a abocar á nosa cidade ao abandono e á miseria absoluta. A loita contra os recortes nos servizos públicos e contra a perda de dereitos civís serán un eixo clave do traballo da organización.
Nos vindeiros días, reuniráse a nova coordinadora, para establecer as liñas de traballo e poñer en marcha os proxectos de traballo para a maioría social agredida.

A asemblea tamén lamentou o pasamento da nai do noso compañeiro César Manso, ao que lle trasladamos as nosas condolencias e lle enviamos unha agarimosa aperta e moitos ánimos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario