martes, 31 de decembro de 2013

Información e solucións para Ferrolterra: abonda de mentiras



Máis unha vez os gobernos galego e español permanecen á marxe da realidade económica e social da comarca de Ferrol Terra. A situación límite pola que están a pasar as empresas Navantia e Megasa indica a irrelevancia política dos actuais dirixentes do Partido Popular.
Lembrámoslle á opinión pública que o presidente Feijóo anunciou en setembro de 2012, poucos días antes das eleccións autonómicas, que o acordo para a construción dos floteis con PEMEX xa estaba pechado. A realidade, que se encarga máis unha vez de pór ao descuberto as mentiras e fraudes, amosa que, a día de hoxe, nada hai do que xa estaba asinado e/ou pechado e que, porén, se adía até mediados de xaneiro. A clase traballadora de Ferrol e a cidadanía en xeral precisan explicacións deste, xa repetido, aprazamento.


Así mesmo, MEGASA está ameazada de peche debido á política enerxética do goberno central.



Esta situación xa foi denunciada repetidas veces tanto pola dirección da empresa como por traballadoras e traballadores alertando, no pasado mes de maio, que o sistema aprobado no mes de novembro – do mesmo xeito que o anterior - son discriminatorios e obrigan a asumir uns custes enerxéticos un 75% máis altos que os dos seus competidores.
Para Anova é inexplicábel que isto aconteza nun país produtor e exportador de enerxía eléctrica; é clarificador que o goberno de Compostela dera por solucionado o problema.
Anova de Ferrol Terra suma a súa voz á esixencia de solucións para esta comarca. Expresamos, máis unha vez, que o mellor servizo que lle poden prestar á comarca os actuais dirixentes comarcais do PP é pór os seus cargos a disposición (presentar a dimisión) acompañando dese xeito, coa presión política que esa medida tería, as mobilizacións de toda a sociedade de Ferrol e comarcas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario