Organización asemblearia, nacionalista e enmarcada na tradición plural da esquerda e nas súas novas expresións.
martes, 31 de decembro de 2013
Información e solucións para Ferrolterra: abonda de mentiras
Máis unha vez os gobernos galego e español permanecen á marxe da realidade económica e social da comarca de Ferrol Terra. A situación límite pola que están a pasar as empresas Navantia e Megasa indica a irrelevancia política dos actuais dirixentes do Partido Popular.
Lembrámoslle á opinión pública que o presidente Feijóo anunciou en setembro de 2012, poucos días antes das eleccións autonómicas, que o acordo para a construción dos floteis con PEMEX xa estaba pechado. A realidade, que se encarga máis unha vez de pór ao descuberto as mentiras e fraudes, amosa que, a día de hoxe, nada hai do que xa estaba asinado e/ou pechado e que, porén, se adía até mediados de xaneiro. A clase traballadora de Ferrol e a cidadanía en xeral precisan explicacións deste, xa repetido, aprazamento.
sábado, 21 de decembro de 2013
A coordinadora local de Anova Ferrol constitúese e reparte as súas áreas de traballo.
Ferrol.- A recen electa coordinadora de Anova Ferrol reuniuse o pasado xoves 19 de decembro co gallo de constituírse e facer o reparto de responsabilidades. Xosé Manuel Pazo será o portavoz e coordinador. César Manso será o responsábel de organización. A responsabilidade de Acción Institucional recaerá sobre Xosé Diego Martinez. Aurora Rivas será a encargada da área de Acción Social e Jennifer Prieto será a responsábel de Acción Feminista. Adrián Acción farase cargo da responsabilidade de redes e comunicación, mocidade e ecoloxía.
A coordinadora de Anova Ferrol comeza esta andaina chea de ilusión por traballar en contra das agresións que día a día estamos a recibir, especialmente na nosa cidade.
A coordinadora de Anova Ferrol comeza esta andaina chea de ilusión por traballar en contra das agresións que día a día estamos a recibir, especialmente na nosa cidade.
venres, 13 de decembro de 2013
A ASEMBLEA LOCAL DE ANOVA-FERROL ESCOLLE NOVA COORDINADORA LOCAL POR UNANIMIDADE
Na Asemblea Local de Anova-Ferrol, celebrada o 12 de decembro, escolleuse por unanimidade a nova Coordinadora Local, conformada por Adrián Acción Porto, María Isasi Varela, César Manso Platas, Xosé Diego Martínez Leiro, Xosé Manuel Pazo Blanco, Jennifer Prieto Silva e Aurora Rivas Hermida.
martes, 3 de decembro de 2013
Visita de Xosé Manuel Beiras aos traballadores do naval de Ferrol.
Ferrolterra.- Esta tarde pasada o Portavoz Nacional de Anova Xosé Manuel Beiras tivo un encontro co comité de empresa de Navantia e das empresas auxiliares que están pechados na casa do concello de Ferrol. Estivo acompañado do comisionado de Coordinación Martiño Noriega.
A xuntanza tivo lugar pola tarde, cunha duración dunha hora, onde se apoiou a todos os traballadores do naval que lles amosaron as súas preocupacións pola falta de carga de traballo e o incerto futuro de toda unha comarca e como o reflexo do que lle vén enriba ao país.
Estiveron acompañados tamén de varios membros da Coordinadora Nacional, Manolo Pazo e Xosé Diego M. Leiro de Anova Ferrol, e Mónica Fdez. Rguez. de Anova Fene; dos concelleiros de Cabanas Ángel Pena e Teresa García, do sindicalista da CIG Xurxo Cordero; de Adrián Acción e Xosé Mª Fontao Pita tamén de Anova Ferrol.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)