Compañeiro Xurxo,
dende ANOVA, cando miremos ao firmamento, lembrarémoste como parte
desa vía láctea da que xa formas parte con todos aqueles outros que
se rebelaron contra do sistema que tratan de nos impoñer.
Fronte a ese sistema
que só busca súbditos e non cidadáns, fronte a ese sistema que
quere facer do Planeta, un grande mercado, ti soubeches valorar o
concepto de autoorganización como xeito de lles facer fronte. Por
iso estiveches cos traballadores galegos facendo sindicatos galegos e
con todos os compañeiros de ANOVA de Ferrolterra intentando crear un
instrumento político adaptado aos novos tempos. Entendiches que soio
se é internacionalista, se nos aceptamos como nación. O mesmo que
cando cantamos a Internacional, a música é a mesma, por que os
traballadores temos os mesmos problemas en todo o Mundo, pero a letra
cantámola en galego, por que temos o noso idioma que nos identifica
e nos xungue cos demais pobos da Terra.
A túa loita non
remata, por que outros seguiremos a intentar unha sociedade mais
xusta.
Compañeiro até
sempre!
Ferrolterra 16 de
xuño 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario