Diante da imputación do Alcalde de Ferrol no proceso da Pokémon, ANOVA FERROL pide
públicamente que como cargo público dimita xa. Somos conscientes de que non se trata de unha
condea pero cando menos unha xuiza aprecia indicios polos que o imputa e o chama a declarar.
Sería bó, non soio para él, a nivel persoal senón tamén como cargo institucional que dera un paso
adiante, e deixara a alcaldía.
Estamos a vivir dentro dunha sociedade no que un día sí e outro tamén, os políticos aparecen dentro de
tramas nas que utilizan a política para fins propios beneficiándo a amigos e así mesmos. Todos
lembramos a frase de Eduardo Zaplana que sendo President da Generalitat Valençiá, dixo aquelo de “
estoy en política para forrarme”. Pero na medida que uns se forran, outros sofren recortes na sanidade,
na educación, nas axudas a dependentes, etc etc.
Nesto momento en que a Sociedade ten asumido que un dos problemas mais importantes da Sociedade
é a corrupción, calquer político que se vexa involucrado debería cesar inmediatamente tanto no seu
cargo institucional como orgánico.
Dentro de ANOVA, tivemos claro que esto debía ser así e a compañeira de Organización Iolanda Pérez,
unha vez sabido que estaba imputada, non dudou en deixar o seu cargo orgánico.
Pedimos a dimisión de Rey Varela, por que será un descrédito para o Concello de Ferrol, o ter como
alcalde a un imputado, e fomentar a idea de que a política é un negocio.
Organización asemblearia, nacionalista e enmarcada na tradición plural da esquerda e nas súas novas expresións.
mércores, 25 de xuño de 2014
sábado, 21 de xuño de 2014
Chamamento
Ferrol, 20 de xuño de 2014
Ateneo Ferrolán
Reunidos en réxime de autoconvocatoria as organizacións políticas :
ANOVA / COMPROMISO POR GALICIA / ESPACIO ECOSOCIALISTA GALEGO / ESQUERDA UNIDA / NÓS - UP
ACORDAN
Facer un chamamento a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria pola REPÚBLICA E O DEREITO A DECIDIR.
A tal fin convocamos unha nova reunión para o vindeiro día 27 de xuño ás 19:30 horas no Ateneo.
luns, 16 de xuño de 2014
Deixounos o noso compañeiro Xurxo Cordero. Até sempre!
Compañeiro Xurxo,
dende ANOVA, cando miremos ao firmamento, lembrarémoste como parte
desa vía láctea da que xa formas parte con todos aqueles outros que
se rebelaron contra do sistema que tratan de nos impoñer.
Fronte a ese sistema
que só busca súbditos e non cidadáns, fronte a ese sistema que
quere facer do Planeta, un grande mercado, ti soubeches valorar o
concepto de autoorganización como xeito de lles facer fronte. Por
iso estiveches cos traballadores galegos facendo sindicatos galegos e
con todos os compañeiros de ANOVA de Ferrolterra intentando crear un
instrumento político adaptado aos novos tempos. Entendiches que soio
se é internacionalista, se nos aceptamos como nación. O mesmo que
cando cantamos a Internacional, a música é a mesma, por que os
traballadores temos os mesmos problemas en todo o Mundo, pero a letra
cantámola en galego, por que temos o noso idioma que nos identifica
e nos xungue cos demais pobos da Terra.
A túa loita non
remata, por que outros seguiremos a intentar unha sociedade mais
xusta.
Compañeiro até
sempre!
Ferrolterra 16 de
xuño 2014
martes, 3 de xuño de 2014
RESUME INFORMATIVO ASEMBLEA INTERMUNICIPAL DE FERROL
ACORDOS
TOMADOS
1.- Elección
da Coordenadora Local da asamblea intermunicipal:
1 |
ADRIÁN ACCIÓN |
NARÓN |
2 |
ÁNGEL PENA |
CABANAS |
3 |
AURORA RIVAS HERMIDA |
FERROL |
4 |
BEATRIZ FERNÁNDEZ |
CABANAS |
5 |
CESAR MANSO |
FERROL |
6 |
MÓNICA FERNÁNDEZ |
FENE |
7 |
PAULA GONZÁLEZ PAZOS |
FENE |
8 |
XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO
|
PONTEDEUME |
9 |
XOAN MANUEL RODRÍGUEZ BASTIDA
|
FENE |
10 |
Mª ISASI VARELA |
FERROL |
11 |
MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ PENA |
MUGARDOS |
12 |
TERESA GARCÍA PITA |
CABANAS |
13 |
XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO |
FERROL |
Fica
constituida polos seguintes compañeiros/as:
2.- Altas
e baixas
Informouse das
baixas.
Aprobáronse
as altas.
3.- Avaliación
do resultado das eleccións ao parlamento europeo:
Avaliaronse
como negativos:
-O obxectivo
marcado por AGE de derrotar ao bipartidismo na Galiza non se acadou
,em plena caída libre do bipartidismo no resto do estado.
-
AGE perdeu dende 2012 o 50% dos apoios rebeldes en
toda Galiza. O resultado para ANOVA situanos extramuros do espazo
das forzas políticas rupturistas amosándonos como un outro calquer
partido que só procura resultados electorais: tirar deputados.
- As
votacións do 25M verifican que a Fronte Ampla (alternativa 2 do
referendo), que
obtivera o respaldo maioritario nas votacións realizadas na nosa
comarca entre os nosos e nosas afiliados, teríanos situado en
coalicións que obterían escanos galegos no Parlamento Europeo sen
dependencias de IU( PCE) e
se acadaría o obxectivo de situar ao noso país na liña da creba
democrática e superación do bipartidismo como aconteceu en
Catalunya, EusKadi, e resto do estado. Xa que logo, a necesidade
dunha ampla unidade ( Fronte ampla) supera o marco da AGE que foi un
instrumento acaído para as eleccións autonómicas pero que se
expresa insuficiente á hora de recoller a realidade política
actual.
CIDADE
DE FERROL
-
En
Ferrol o resultado foi , aínda
máis negativo,
só
hai que lembrar que nas eleccións autonómicas de 2012 a
coalición ficara a 1 voto para superar ao PSOE e proclamarse como
segunda forza política da cidade.
2012
|
2009
|
|||||
Candidaturas |
Votos
|
Votos
|
Candidaturas
|
|||
PP |
14.419
|
41,49%
|
15.790
|
41,33%
|
P.P.
|
|
PSdeG-PSOE |
7.014
|
20,18%
|
12.220
|
31,99%
|
PSdeG-PSOE
|
|
AGE
( |
7.013
|
20,18%
|
862
|
2,26%
|
EU
09
|
|
BNG |
2.793
|
8,03%
|
4.398
|
11,51%
|
B.N.G.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O
25M deixou á coalición ( AGE) A MILLEIROS DE VOTOS RESPECTO DO PSOE
2014
|
||
Candidaturas
|
Votos
|
|
P.P.
|
7.779
|
29,64%
|
PSOE
|
5.628
|
21,45%
|
IP(AGE)
|
3.590
|
13,68%
|
PODEMOS
|
2.994
|
11,41%
|
BNG
|
1.564
|
5,96%
|
COMARCA
DE FERROL
- Na comarca de Ferrolterra: só PP e AGE teñen unha caída semellante en porcentaxe de voto se comparamos as eleccións autonómicas e as europeas.
Candidatura
|
Dif.
% 2012-2014
|
P.P.
|
-8,71
|
PSOE
|
1,95
|
AGE
|
-8,25
|
PODEMOS
|
11,21
|
BNG
|
-1,3
|
UPyD
|
0,74
|
Outros
|
|
- A distancia entre PSOE e a coalición tamén aumentou en milleiros de votos.
Autonómicas
2012
Ferrolterra
Candidaturas |
votos |
% |
PP |
41.824 |
44,10 |
PSdeG-PSOE |
19.924 |
21,01 |
AGE
|
18.035 |
19,01 |
BNG |
10.240 |
10,80 |
UPyD |
1.837 |
1,94 |
Europeas
2014
Ferrolterra
|
||
Candidaturas
|
Votos
%
|
|
P.P.
|
21.404
|
31,02
|
PSOE
|
15.649
|
22,67
|
IP(AGE)
|
9.034
|
13,09
|
PODEMOS
|
7.733
|
11,21
|
BNG
|
5.866
|
8,50
|
UPyD
|
2.486
|
3,60
|
Outros
|
6.809
|
9,87
|
RESOLUCIÓNS:
-
A asemblea considerou
imprescindíbel continuar coa proposta de FRONTE AMPLA que procure a
acumulación de forzas , xunto coa reconsideración do espazo plural
do nacionalismo galego,
sabendo que temos que dirixírmonos e convocar á maioría social.
- A ASEMBLEA INTERMUNICIPAL DE FERROL APROBOU UNHA RESOLUCIÓN NA QUE SE PIDE A DEMISIÓN DA RESPONSÁBEL DE ORGANIZACIÓN NACIONAL : IOLANDA PÉREZ DOCAMPO.
luns, 2 de xuño de 2014
Unidade popular, ruptura democrática por abaixo e procesos constituíntes nas nacións do Estado!
Anova Ferrol apoia todas as concentracións e manifestacións cidadás democráticas convocadas para hoxe, logo da abdicación do Borbón, e animan á militancia e xentes demócratas a acudir á concentración convocada para esta tarde ás 20 h na praza do himno galego en Ferrol.
Anova Ferrol considera que é o momento de unir forzas para propiciar unha ruptura democrática co réxime saído da Transición, herdeiro do Franquismo. Cómpre acabar coa podremia de todas as instancias do Estado – dende a Xustiza, cada vez máis alonxada da xente, ata a corrupción das instancias políticas e a sumisión dos poderes públicos ao poder financeiro, que esmaga á xente -. A única vía para conseguilo é a democracia: que a xente decidamos sobre todo o que nos afecta; que as nacións, como a galega, decidamos o que queremos ser.
Por iso, animamos ás forzas políticas e sociais democráticas a amosar altura de miras e unírmonos pola consecueción do poder popular.
Como sinalaba Anova hai medio ano, “cómpren novas alternativas políticas, unha nova ferramenta dos e das nacionalistas galegas para intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político propiciado polo activismo da cidadanía. A aposta do nacionalismo, da esquerda e de calquera demócrata ten que ser por unha creba democrática coa segunda restauración borbónica, nun proceso protagonizado pola cidadanía e trasladado á instancia política polas forzas rupturistas que realmente conecten con esa cidadanía.
Na nación galega, un proceso constituínte impulsado polos cidadáns e cidadás galegas, pobo soberano, e trasladado á instancia política polo nacionalismo e por aquelas forzas que, sen seren nacionalistas, respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.”
Na nación galega, un proceso constituínte impulsado polos cidadáns e cidadás galegas, pobo soberano, e trasladado á instancia política polo nacionalismo e por aquelas forzas que, sen seren nacionalistas, respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)