mércores, 29 de xaneiro de 2014

FLOTEL: UN ALIVIO






ANOVA, ante a noticia de que NAVANTIA conseguíu o contrato da construcción do flotel, expresa as seguintes consideracións:

1.- O contrato supón apenas un alivio para a situación extrema naque nos atopamos:

Taxa de actividade de Ferrol 44,2 % a máis baixa das 7 cidades galegas

Taxa de ocupación de Ferrol 30,1 % a máis baixa das 7 cidades galegas

Taxa de paro de Ferrol 31,9 % a máis alta das 7 cidades galegas

Porén calificamos o feito como unha boa noticia para a comarca e para os traballadores : 450 evitarán engrosar as listas de desemprego.

2.- A consecución do dique flotante segue a ser a ferramenta imprescindíbel de garantía de traballo no curto prazo ( segunda pata da mesa xunto co flotel) que permita manter aberta a esperanza de futuro para o naval.

3.- O vindeiro 31 de decembro remata o veto para NAVANTIA Fene e a limitación do 20% á construcción civil Navantia Ferrol polo que apelamos aos axentes económicos e sociais a procurar unha estratexia común que impida prorrogar esta situación e abra as portas a unha nova política económica e industrial que teña como eixo a construcción civil no naval e que se marque como obxectivo rematar co monocultivo industrial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario