mércores, 15 de xaneiro de 2014

DIQUE SI. ABONDA DE MENTIRAS.

DIQUE SI.
ABONDA DE MENTIRAS.
O desmentido da UE, que hoxe recolle os medios de comunicación, respecto das consultas ( non) realizadas e a afirmación taxativa de que aínda están agardando información relativa sobre o dique flotante do goberno español supon un “suma e segue” que confirma a situación crítica na que se atopa a comarca e a desafección duns dirixentes políticos repecto da cidadanía que din representar. Alen diso ratifica que o estado natural dos governos español e de Compostela é o da mentira e propaganda.
ANOVA- Ferrol manifesta :
1.- que non hai ningún interese en que Navantia Ferrol poida materializar unha estratexia de futuro contando cunha ferramenta que lle garante traballo no presente : o dique flotante.
2.- que a política respecto ao naval na nosa comarca, e na Galiza, é o resultado dunha planificación que tivo as súas primeiras medidas na “reconversión” dos anos 80 e que, de xeito implacábel, se veu materializando medida a medida e ano a ano até hoxe con distintos protagonistas na administración pero co resultado que hoxe temos ante os nosos ollos a pesar de ser repetidas veces aprobadas nos distintas institucións ( concellos, parlamentos) de xeito unánime resolucións de apoio ao levantamento do veto á construción civil, ao dique flotante e aos floteis.
3.- que non é o mellor camiño situar á cidadanía na desesperación e na invisibilidade dun futuro, xa non para un, se non que para os nosos fillos.
ANOVA – Ferrol apelamos a unidade expresada nas distintas mobilizacións e loitas realizadas pola cidadanía na nosa comarca para que a resposta sexa unánime e clara. A pesar do presente tan negativo que nos asfixia co índice de desemprego, emigración e de situación de extrema necesidade de centos de familias, Sabemos que temos futuro.
ANOVA suma a súa voz á esixencia de solucións para esta comarca. Expresamos, con máis convinción que nunca , que o mellor servizo que lle poden prestar á comarca os actuais dirixentes comarcais na institucións do PP é presentar a dimisión.
Foto: Voz de Galicia



Ferrol, 15 de xaneiro de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario