Organización asemblearia, nacionalista e enmarcada na tradición plural da esquerda e nas súas novas expresións.
mércores, 29 de xaneiro de 2014
FLOTEL: UN ALIVIO
ANOVA, ante a noticia de que NAVANTIA conseguíu o contrato da construcción do flotel, expresa as seguintes consideracións:
1.- O contrato supón apenas un alivio para a situación extrema naque nos atopamos:
Taxa de actividade de Ferrol 44,2 % a máis baixa das 7 cidades galegas
Taxa de ocupación de Ferrol 30,1 % a máis baixa das 7 cidades galegas
Taxa de paro de Ferrol 31,9 % a máis alta das 7 cidades galegas
Porén calificamos o feito como unha boa noticia para a comarca e para os traballadores : 450 evitarán engrosar as listas de desemprego.
2.- A consecución do dique flotante segue a ser a ferramenta imprescindíbel de garantía de traballo no curto prazo ( segunda pata da mesa xunto co flotel) que permita manter aberta a esperanza de futuro para o naval.
3.- O vindeiro 31 de decembro remata o veto para NAVANTIA Fene e a limitación do 20% á construcción civil Navantia Ferrol polo que apelamos aos axentes económicos e sociais a procurar unha estratexia común que impida prorrogar esta situación e abra as portas a unha nova política económica e industrial que teña como eixo a construcción civil no naval e que se marque como obxectivo rematar co monocultivo industrial.
martes, 28 de xaneiro de 2014
Homenaxe Amada Garcia
Anova Ferrol estivo presente no acto de homenaxe a Amada Garcia no Castelo de San Felipe e ás victimas do franquismo no cemiterio de Serantes.
https://picasaweb.google.com/105026413138706810713/HomenaxeAAmadaGarcia2014#slideshow/5973678293262376850 (Fotos Memoria Histórica Democrática)
https://picasaweb.google.com/105026413138706810713/HomenaxeAAmadaGarcia2014#slideshow/5973678293262376850 (Fotos Memoria Histórica Democrática)
xoves, 23 de xaneiro de 2014
A pegada dos avós
Anova Ferrol transládavos a invitación da organización Memoria Histórica Democrática á asistencia da presentación da longametraxe documental "A pegada dos avós" que terá lugar o venres 24 de xaneiro ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia, na Praza da Constitución en Ferrol.
mércores, 15 de xaneiro de 2014
DIQUE SI. ABONDA DE MENTIRAS.
DIQUE SI.
ABONDA DE MENTIRAS.
O desmentido da UE, que hoxe recolle os medios de
comunicación, respecto das consultas ( non)
realizadas e a afirmación taxativa de que aínda están
agardando información relativa sobre o dique flotante do goberno
español supon un “suma e segue” que confirma a situación
crítica na que se atopa a comarca e a desafección duns dirixentes
políticos repecto da cidadanía que din representar. Alen diso
ratifica que o estado natural dos governos español e de Compostela é
o da mentira e propaganda.
ANOVA- Ferrol manifesta :
1.-
que non hai ningún interese en que Navantia Ferrol poida
materializar unha estratexia de futuro contando cunha ferramenta que
lle garante traballo no presente : o dique flotante.
2.- que
a política respecto ao naval na nosa comarca, e na Galiza, é
o resultado dunha planificación que tivo as súas primeiras medidas
na “reconversión” dos anos 80 e que, de xeito implacábel, se
veu materializando medida a medida e ano a ano até hoxe con
distintos protagonistas na administración pero co resultado que hoxe
temos ante os nosos ollos a pesar de ser repetidas veces
aprobadas nos distintas institucións ( concellos, parlamentos) de
xeito unánime resolucións de apoio ao levantamento do veto á
construción civil, ao dique flotante e aos floteis.
3.-
que non é o mellor camiño situar á cidadanía na desesperación e
na invisibilidade dun futuro, xa non para un, se non que para os
nosos fillos.
ANOVA –
Ferrol apelamos a unidade expresada nas distintas mobilizacións
e loitas realizadas pola cidadanía na nosa comarca para que a
resposta sexa unánime e clara. A pesar do presente tan negativo que
nos asfixia co índice de desemprego, emigración e de situación de
extrema necesidade de centos de familias, Sabemos
que temos futuro.
ANOVA
suma a súa voz á esixencia de solucións
para esta comarca. Expresamos, con máis
convinción que nunca , que o mellor servizo que lle poden prestar á
comarca os actuais dirixentes comarcais na institucións do PP é
presentar a dimisión.
Foto: Voz de Galicia |
Ferrol,
15 de xaneiro de 2014
Concentración ás 20 horas
ANOVA Ferrol fai un chamamento á cidadanía para que apoie dun xeito activo a concentración ás 20:00 horas diante do concello ( Praza de Armas) para expresar a repulsa polo asasinato de Adela Ramos e Mª José Suárez López compatriotas veciñas de Cervo.
martes, 7 de xaneiro de 2014
Asemblea extraordinaria de Anova Ferrol
Anova : todos e todas militantes decidiremos o programa e as alianzas de cara ás eleccións europeas.
Procuramos unha fronte ampla non excluínte de cara á creba democrática da II Restauración Borbónica co obxectivo dun proceso constituínte na Galiza. Procuramos solucións aos gravísimos problemas que nos afectan.
Esta fase de debate nas asembleas precederá a unha asemblea nacional deliberativa a finais de xaneiro e o vindeiro mes de febreiro a militancia de Anova decidirá nun referendo as posíbeis alianzas de cara ás eleccións europeas.
Seguindo os acordos da Coordinadora Nacional do 14 de decembro , desenvolvidos pola Permanente da Coordinadora nacional do dia 21 de decembro e por acordo da Coordinadora local de Ferrol do día 26 de decembro Anova Ferrol:
Convoca asemblea extraordinaria o vindeiro 9 de xaneiro ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán para debater como punto único as propostas programáticas de Anova para as eleccións europeas. A asemblea será aberta, e esperamos contar con vós para facer o maior número de achegas alén dun fraternal debate.
domingo, 5 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)