martes, 30 de setembro de 2014

Acto sobre o naval e visita da deputada de Anova Chelo Martínez

O vindeiro mércores dia 1 de outubro terá lugar na galeria Sargadelos ás 19:30 h unhas aulas abertas sobre o sector naval. Nel intervirán a deputada de Anova Chelo Martinez e o profesor e economista Ramón Yañez.

Axenda de Chelo para ese mesmo día:


1.- Ás 11:00 horas en Cabanas encontro  con asociacións locais para dialogar sobre asuntos locais .

2.-  Ás 12:00 encontro co comité de empresa de Navantia Ferrol para intercambiar opinións e informacións sobre a situación na que se encontra  o asteleiro e outros temas relacionados co naval.

3.- Ás 14:00 entrevista en Radio Fene- Radiofusión.

4.- Ás  16:30 reunión con " cidadans versus tanques de tormentas"  
O tema seria rede de saneamento
Lugar:  asociacion veciños recimil. Rua Euzkadi

5.- Ás  17:45 reunión coa directiva da AAVV  de Recimil e vecinhos do barrio. Informarán sobre a problemática do barrio.
Lugar : Local da AAVV de Recimil na Rúa de Euzkadi.

6.- Ás  19:30 acto en Sargadelos: Fin do veto ao naval. Principio de algo?

venres, 26 de setembro de 2014

Navantia e o desvio de traballo

Anova Ferrol quere amosar a súa mais enerxica protesta perante a intención da Empresa Navantia de desviar parte da carga de traballo do Flotes de Pemex para a factoria de Puerto Real.
A ineptidtude da dirección de Navantia para atopar carga de traballo para os seus asteleiros esta a perxudicar gravemente á nosa Comarca que dia tras día ve como pechan empresas auxiliares por falta de traballo.
Agora chegase ó extremo de que o pouco traballo que se conseguiu para Navantia Ferrol desde Galicia quere ser aproveitado pola dirección de Navantia para parchear un pouco de carga de traballo en Puerto Real.
Desde Anova Ferrol demandamos do Presidente da Xunta e do Alcalde de Ferrol unha rápida intervención perante a Dirección de Navantia, o Ministerio e o Propio Presidente do Goberno para evitar ese desplazamento de carga de traballo para outros asteleiros do grupo non galegos.
Navantia preocupase moito por darle carga de Traballo a Puerto Real mentras permite que a antigua Astano languideza día a día e non se atreven a decir cales son os planes de futuro para ese asteleiro unha vez finalizado o veto da Unión Europea.
Creemos urxente a rápida intervención dos nosos gobernantes para evitar a cacicada que se pretende Facer desde a Dirección de Navantia.

Finalmente Amosamos todo o noso apoio ós traballadores de Novantia Ferrol e Fene na defensa dos seus postos de traballo. 

xoves, 4 de setembro de 2014

Rolda de prensa



Dous son os motivos da nosa presenza ante os medios de comunicación:

1.- Avaliarmos o estado do proceso cara á consecución dunha alternativa unitaria e democrática.
2.- Expresarmos a nosa opinión ante as filtracións e rolda de prensa levada a cabo por IU e o Espazo ecosocialista.

Cremos que é necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica democrática, estamos dispostos a poñer en práctica para o concello de Ferrol toda enerxía necesaria para :
  • Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.
  • Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Nós non somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar a crear un espazo de entendemento para que en Ferrol poida darse esa transformación que todas e todos desexamos.

Por iso e con eses obxectivos mantivemos conversas cos distintos grupos políticos de Ferrol tendo como horizonte a consecución de candidaturas cidadáns .

Este é o motivo fundamental da nosa presenza aquí ante os medios de comunicación : trasladar, máis unha vez, a necesaria vontade unitaria ás forzas políticas e sociais da nosa cidade.

Como xa é coñecido ANOVA fixo un chamamento á cidadanía e aos grupos políticos o pasado dia 16 de agosto.

Nesa proposta diciamos que :

  • Os partidos deben esquecer as súas siglas e os seus intereses electorais na procura da máxima unidade cidadá.”
  • Tamén diciamos que debería realizarse un chamamento público a todos os partidos de Ferrolterra, "sin exclusión ningunha", para que nun réxime de autoconvocatoria, "se xunten para ver o xeito máis adecuado de vehiculizar esa indignación social, dándolle a voz e o protagonismo a propia sociedade".

Posteriormente producíronse conversas con IU que se concretaron no manifesto que recibe o nome de Costa Ártabra e, alén do manifesto, tamén se tomaron acordos que garantise que a súa presentación pública e, xa que logo, o protagonismo se trasladase á sociedade por cidadáns sen adscrición partidaria para conseguirmos, precisamente, que o protagonismo dos partidos pasase a un segundo plano, posibilitando deste xeito a incorporación de novas forzas políticas e sociais.

As filtracións interesadas aos medios de comunicación e unha posterior rolda de prensa é outra das razóns, que nos levaron a convocar aos medios.

Nesas filtracións e nesa rolda de prensa adiántanse obxectivos e delimítanse marcos – territorios que non concordan, desde o punto de vista de ANOVA co falado entre esas tres forzas políticas, cando menos desde a humilde interpretación dos que nesas conversas estivemos. E o máis significativo é que se fai esa interpretación e nomease a ANOVA sen que ninguén fose autorizado por ANOVA nin ninguén de ANOVA estivese nesa rolda de prensa.

Como é lóxico e comprensíbel ninguén, agás Anova, pode indicarlle aos medios de comunicación o noso apoio ou non apoio e a súa avaliación de calquera tipo de iniciativa.

ANOVA xa lle dirixiu un escrito ás dúas organizacións por medio do responsábel de organización e de acción institucional expresándolle o noso malestar por esas cuestións.

Un dos principais acordos aos que se chegou nas conversas mantidas para a elaboración dun manifesto para Ferrol era que tiña que coidarse moito o carácter individual de apoio a ese manifesto, indicándose incluso que nas sinaturas non se admitirían afiliacións políticas nin sinaturas de organizacións políticas para facelo o máis amplo posible e facilitarmos, desta maneira, a incorporación a este proceso de todas as forzas de esquerdas rupturistas e soberanistas co obxectivo de lograrmos un movemento cidadá o máis amplo posíbel, pero tendo en conta que non estamos no 31 nin isto vai ser unha nova fronte popular.

Tamén se acordou que esta iniciativa se faría pública nunha rolda de prensa cuxos protagonistas serían persoas non ligadas a organizacións políticas para salvagardar o carácter amplo e unitario do proceso. Parece ser que algunha organización non puido resistir a tentación de ter un protagonismo que ninguén lle deu e que ao noso entender non debería ter.

A filtración interesada aos medios de comunicación, indicando inclusive que Marea Artabra será o selo co que concorrerían ás municipais as formacións de IU, Anova e Espazo ecosocialistaalén de ser un grave incumprimento do acordado nas reunións mantidas,  pon en serio perigo a posibilidade de integración doutro tipo de asociacións do movemento social e político de Ferrol ou de persoas de xeito individual e incluso a viabilidade deste proceso aos poucos días de botar a andar.

Desde Anova pensamos que, xa que a cidadanía foi quen máis sufriu os recortes sociais e a verdadeira protagonista das mobilizacións dos anos 2012 e 2013, tamén debe selo de todo este proceso.
Por iso cremos que os partidos políticos deben dar un paso atrás para deixar que os cidadáns se poñan á fronte deste proceso asembleario do que debe saír unha candidatura e un programa dos veciños e as veciñas de Ferrol.

ANOVA entende que a sinatura do manifesto Marea Ártabra non o define como a estación de chegada do proceso unitario na nosa cidade se non como a estación de partida ao que hai que sumar vontades .

Apelamos ás forzas as forzas políticas e ao movemento social para que se sumen a este proceso unitario na procura dese marco común que sexa quen de derrotar nas urnas aos partidos do actual réxime que son os responsábeis da crise e da xestións da mesma.

CEDÉMOSLLE O PROTAGONISMO AO MOVIMENTO CIDADÁ DE FERROL PARA QUE SEXA EL, PROPRIAMENTE, OS QUE DIRIXAN O PROCESO.

Ferrol a 3 de setembro de 2014


Xosé Manuel Pazo( Portavoz ANOVA- Ferrol , Adrián Acción ( Responsábel de organización) e César Manso ( Responsábel de política institucional).

mércores, 25 de xuño de 2014

Anova Ferrol reclama a dimisión de Rey Varela

Diante da imputación do Alcalde de Ferrol no proceso da Pokémon, ANOVA FERROL pide
públicamente que como cargo público dimita xa. Somos conscientes de que non se trata de unha
condea pero cando menos unha xuiza aprecia indicios polos que o imputa e o chama a declarar.
Sería bó, non soio para él, a nivel persoal senón tamén como cargo institucional que dera un paso
adiante, e deixara a alcaldía.
Estamos a vivir dentro dunha sociedade no que un día sí e outro tamén, os políticos aparecen dentro de
tramas nas que utilizan a política para fins propios beneficiándo a amigos e así mesmos. Todos
lembramos a frase de Eduardo Zaplana que sendo President da Generalitat Valençiá, dixo aquelo de “
estoy en política para forrarme”. Pero na medida que uns se forran, outros sofren recortes na sanidade,
na educación, nas axudas a dependentes, etc etc.
Nesto momento en que a Sociedade ten asumido que un dos problemas mais importantes da Sociedade
é a corrupción, calquer político que se vexa involucrado debería cesar inmediatamente tanto no seu
cargo institucional como orgánico.
Dentro de ANOVA, tivemos claro que esto debía ser así e a compañeira de Organización Iolanda Pérez,
unha vez sabido que estaba imputada, non dudou en deixar o seu cargo orgánico.
Pedimos a dimisión de Rey Varela, por que será un descrédito para o Concello de Ferrol, o ter como
alcalde a un imputado, e fomentar a idea de que a política é un negocio.

sábado, 21 de xuño de 2014

Chamamento

Ferrol, 20 de xuño de 2014
Ateneo Ferrolán
Reunidos en réxime de autoconvocatoria as organizacións políticas :

ANOVA  / COMPROMISO POR GALICIA / ESPACIO ECOSOCIALISTA GALEGO / ESQUERDA UNIDA / NÓS - UP

ACORDAN

Facer un chamamento a todas as forzas políticas, sociais e sindicais da nosa comarca para chegar a un acordo de mínimos que posibilite unha dinámica unitaria pola  REPÚBLICA E O DEREITO A DECIDIR.
A tal fin convocamos unha nova reunión para o vindeiro día 27 de xuño ás 19:30 horas no Ateneo. 

luns, 16 de xuño de 2014

Deixounos o noso compañeiro Xurxo Cordero. Até sempre!

Compañeiro Xurxo, dende ANOVA, cando miremos ao firmamento, lembrarémoste como parte desa vía láctea da que xa formas parte con todos aqueles outros que se rebelaron contra do sistema que tratan de nos impoñer.

Fronte a ese sistema que só busca súbditos e non cidadáns, fronte a ese sistema que quere facer do Planeta, un grande mercado, ti soubeches valorar o concepto de autoorganización como xeito de lles facer fronte. Por iso estiveches cos traballadores galegos facendo sindicatos galegos e con todos os compañeiros de ANOVA de Ferrolterra intentando crear un instrumento político adaptado aos novos tempos. Entendiches que soio se é internacionalista, se nos aceptamos como nación. O mesmo que cando cantamos a Internacional, a música é a mesma, por que os traballadores temos os mesmos problemas en todo o Mundo, pero a letra cantámola en galego, por que temos o noso idioma que nos identifica e nos xungue cos demais pobos da Terra.

A túa loita non remata, por que outros seguiremos a intentar unha sociedade mais xusta.

Compañeiro até sempre!

Ferrolterra 16 de xuño 2014 

PS: Hoxe, celebraráse unha homenaxe civica ás 19h no tanatorio Artabria, e ás 20h procederáse á incineración. Non se admiten flores por vontade da familia.
Xurxo, segundo pola esquerda. Foto:Susete Ferrol

martes, 3 de xuño de 2014

RESUME INFORMATIVO ASEMBLEA INTERMUNICIPAL DE FERROL

ACORDOS TOMADOS


1.- Elección da Coordenadora Local da asamblea intermunicipal:
1
ADRIÁN ACCIÓN
NARÓN
2
ÁNGEL PENA
CABANAS
3
AURORA RIVAS HERMIDA
FERROL
4
BEATRIZ FERNÁNDEZ
CABANAS
5
CESAR MANSO
FERROL
6
MÓNICA FERNÁNDEZ
FENE
7
PAULA GONZÁLEZ PAZOS
FENE
8
XESÚS ANDRÉS LÓPEZ PIÑEIRO
PONTEDEUME
9
XOAN MANUEL RODRÍGUEZ BASTIDA

FENE
10
Mª ISASI VARELA
FERROL
11
MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ PENA
MUGARDOS
12
TERESA GARCÍA PITA
CABANAS
13
XOSÉ MANUEL PAZO BLANCO
FERROL
Fica constituida polos seguintes compañeiros/as:


2.- Altas e baixas
Informouse das baixas.
Aprobáronse as altas.






3.- Avaliación do resultado das eleccións ao parlamento europeo:
Avaliaronse como negativos:
-O obxectivo marcado por AGE de derrotar ao bipartidismo na Galiza non se acadou ,em plena caída libre do bipartidismo no resto do estado.
- AGE perdeu dende 2012 o 50% dos apoios rebeldes en toda Galiza. O resultado para ANOVA situanos extramuros do espazo das forzas políticas rupturistas amosándonos como un outro calquer partido que só procura resultados electorais: tirar deputados.
- As votacións do 25M verifican que a Fronte Ampla (alternativa 2 do referendo), que obtivera o respaldo maioritario nas votacións realizadas na nosa comarca entre os nosos e nosas afiliados, teríanos situado en coalicións que obterían escanos galegos no Parlamento Europeo sen dependencias de IU( PCE) e se acadaría o obxectivo de situar ao noso país na liña da creba democrática e superación do bipartidismo como aconteceu en Catalunya, EusKadi, e resto do estado. Xa que logo, a necesidade dunha ampla unidade ( Fronte ampla) supera o marco da AGE que foi un instrumento acaído para as eleccións autonómicas pero que se expresa insuficiente á hora de recoller a realidade política actual.






















CIDADE DE FERROL
- En Ferrol o resultado foi , aínda máis negativo, só hai que lembrar que nas eleccións autonómicas de 2012 a coalición ficara a 1 voto para superar ao PSOE e proclamarse como segunda forza política da cidade.
 
2012
2009
Candidaturas
Votos
Votos
Candidaturas
PP
14.419
41,49%
15.790
41,33%
P.P.
PSdeG-PSOE
7.014
20,18%
12.220
31,99%
PSdeG-PSOE
AGE (
7.013
20,18%
862
2,26%
EU 09
BNG
2.793
8,03%
4.398
11,51%
B.N.G.














O 25M deixou á coalición ( AGE) A MILLEIROS DE VOTOS RESPECTO DO PSOE
2014
Candidaturas
Votos
P.P.
7.779
29,64%
PSOE
5.628
21,45%
IP(AGE)
3.590
13,68%
PODEMOS
2.994
11,41%
BNG
1.564
5,96%












COMARCA DE FERROL
  • Na comarca de Ferrolterra: só PP e AGE teñen unha caída semellante en porcentaxe de voto se comparamos as eleccións autonómicas e as europeas.


Candidatura
Dif. % 2012-2014
P.P.
-8,71
PSOE
1,95
AGE
-8,25
PODEMOS
11,21
BNG
-1,3
UPyD
0,74
Outros


  • A distancia entre PSOE e a coalición tamén aumentou en milleiros de votos.


Autonómicas 2012 Ferrolterra
Candidaturas
votos
%
PP
41.824
44,10
PSdeG-PSOE
19.924
21,01
AGE
18.035
19,01
BNG
10.240
10,80
UPyD
1.837
1,94
Europeas 2014 Ferrolterra

Candidaturas
Votos %
P.P.
21.404
31,02
PSOE
15.649
22,67
IP(AGE)
9.034
13,09
PODEMOS
7.733
11,21
BNG
5.866
8,50
UPyD
2.486
3,60
Outros
6.809
9,87




RESOLUCIÓNS:
- A asemblea considerou imprescindíbel continuar coa proposta de FRONTE AMPLA que procure a acumulación de forzas , xunto coa reconsideración do espazo plural do nacionalismo galego, sabendo que temos que dirixírmonos e convocar á maioría social.



  • A ASEMBLEA INTERMUNICIPAL DE FERROL APROBOU UNHA RESOLUCIÓN NA QUE SE PIDE A DEMISIÓN DA RESPONSÁBEL DE ORGANIZACIÓN NACIONAL : IOLANDA PÉREZ DOCAMPO.