Dous son os
motivos da nosa presenza ante os medios de comunicación:
1.- Avaliarmos o
estado do proceso cara á consecución dunha alternativa unitaria e
democrática.
2.- Expresarmos
a nosa opinión ante as filtracións e rolda de prensa levada a cabo
por IU e o Espazo ecosocialista.
Cremos que é
necesario pasar do dito ao feito e, por responsabilidade cívica
democrática, estamos dispostos a poñer en práctica para o concello
de Ferrol toda enerxía necesaria para :
Promover e
alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais,
subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como
espazos de participación, transformación e emancipación.
Promover e
alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo
directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios
comúns e programas concretos, a nivel local e galego.
Nós non
somos ninguén con máis dereitos que ninguén só queremos axudar
a crear un espazo de entendemento para que en Ferrol poida darse esa
transformación que todas e todos desexamos.
Por iso e con
eses obxectivos mantivemos conversas cos distintos grupos políticos
de Ferrol tendo como horizonte a consecución de candidaturas
cidadáns .
Este é o motivo
fundamental da nosa presenza aquí ante os medios de comunicación :
trasladar, máis unha vez, a necesaria vontade unitaria ás forzas
políticas e sociais da nosa cidade.
Como xa é
coñecido ANOVA fixo un chamamento á cidadanía e aos grupos
políticos o pasado dia 16 de agosto.
Nesa proposta
diciamos que :
“ Os
partidos deben esquecer as súas siglas e os seus intereses
electorais na procura da máxima unidade cidadá.”
Tamén diciamos que debería
realizarse
un chamamento público a todos os partidos de Ferrolterra, "sin
exclusión ningunha",
para que nun réxime de autoconvocatoria, "se xunten para ver o
xeito máis adecuado de vehiculizar esa indignación social,
dándolle
a voz e o protagonismo a propia sociedade".
Posteriormente
producíronse conversas con IU que se concretaron no manifesto
que recibe o nome de Costa Ártabra e, alén do manifesto, tamén se
tomaron acordos que garantise que a súa presentación pública e, xa
que logo, o protagonismo se trasladase á sociedade por cidadáns
sen adscrición partidaria para conseguirmos, precisamente, que o
protagonismo dos partidos pasase a un segundo plano, posibilitando
deste xeito a incorporación de novas forzas políticas e sociais.
As
filtracións interesadas aos medios de comunicación e unha posterior
rolda de prensa é outra das razóns, que nos levaron a convocar aos
medios.
Nesas
filtracións e nesa rolda de prensa adiántanse obxectivos e
delimítanse marcos – territorios que non concordan, desde o punto
de vista de ANOVA co falado entre esas tres forzas políticas,
cando menos desde a humilde interpretación dos que nesas conversas
estivemos. E o máis significativo é que se fai esa interpretación
e nomease a ANOVA sen que ninguén fose autorizado por ANOVA nin
ninguén de ANOVA estivese nesa rolda de prensa.
Como
é lóxico e comprensíbel
ninguén, agás Anova, pode indicarlle aos medios de comunicación o
noso apoio ou non apoio e a súa avaliación de calquera tipo de
iniciativa.
ANOVA xa lle
dirixiu un escrito ás dúas organizacións por medio do responsábel
de organización e de acción institucional expresándolle o noso
malestar por esas cuestións.
Un dos
principais acordos aos que se chegou nas conversas mantidas para a
elaboración dun manifesto para Ferrol era que tiña que coidarse
moito o carácter individual de apoio a ese manifesto, indicándose
incluso que nas sinaturas non se admitirían afiliacións políticas
nin sinaturas de organizacións políticas para facelo o máis amplo
posible e facilitarmos, desta maneira, a incorporación a este
proceso de todas as forzas de esquerdas rupturistas e soberanistas co
obxectivo de lograrmos un movemento cidadá o máis amplo posíbel,
pero tendo en conta que
non estamos no 31 nin
isto vai ser unha nova fronte popular.
Tamén se
acordou que esta iniciativa se faría pública nunha rolda de
prensa cuxos protagonistas serían persoas non ligadas a
organizacións políticas para salvagardar o carácter amplo e
unitario do proceso. Parece ser que algunha organización non puido
resistir a tentación de ter un protagonismo que ninguén lle deu e
que ao noso entender non debería ter.
A filtración
interesada aos medios de comunicación, indicando inclusive que Marea
Artabra será o selo co que concorrerían ás municipais as
formacións de IU, Anova e Espazo ecosocialista, alén
de ser un grave incumprimento do acordado nas reunións mantidas,
pon en serio perigo a
posibilidade de integración doutro tipo de asociacións do movemento
social e político de Ferrol
ou de persoas de xeito individual e
incluso a viabilidade deste proceso aos poucos días de botar a
andar.
Desde Anova
pensamos que, xa que a cidadanía foi quen máis sufriu os recortes
sociais e a verdadeira protagonista das mobilizacións dos anos 2012
e 2013, tamén debe selo de todo este proceso.
Por iso cremos
que os partidos políticos deben dar un paso atrás para deixar
que os cidadáns se poñan á fronte deste proceso asembleario do que
debe saír unha candidatura e un programa dos veciños e as veciñas
de Ferrol.
ANOVA entende
que a sinatura do manifesto Marea Ártabra non o define como a
estación de chegada do proceso unitario na nosa cidade se non como a
estación de partida ao que hai que sumar vontades .
Apelamos ás forzas as forzas
políticas e ao movemento social para que se
sumen a este proceso unitario na procura dese marco común que sexa
quen de derrotar nas urnas aos partidos do actual réxime que son os
responsábeis da crise e da xestións da mesma.
CEDÉMOSLLE O
PROTAGONISMO AO MOVIMENTO CIDADÁ DE FERROL PARA QUE SEXA EL,
PROPRIAMENTE, OS QUE DIRIXAN O PROCESO.
Ferrol a 3 de
setembro de 2014
Xosé Manuel
Pazo( Portavoz ANOVA- Ferrol , Adrián Acción ( Responsábel de
organización) e César Manso ( Responsábel de política
institucional).