Organización asemblearia, nacionalista e enmarcada na tradición plural da esquerda e nas súas novas expresións.
luns, 17 de febreiro de 2014
Folga estudiantil 20 de febreiro
ANOVA- Ferrol fai un chamamento a toda a comunidade educativa de Ferrol ( profesorado, país/nais) para que apoien a folga estudantil convocada polas organización estudantís galegas para o vindeiro dia 20 de febrero.
A aplicación da LOMCE alén da súa carga ideolóxica profundamente clasista, confesional e uniformadora supón unha volta máis na aplicación dos recortes ao ensino público.
A foto fixa do ensino público unha vez que se aplique a LOMCE preséntase como segue:
Os alumnos deberán enfrontarse a 4 reválidas de carácter estatal aos 8/11/15/18 anos cuxo fin é a segregación dos estudantes segundo as súas cualificacións.
Recúrtanse as competencias do goberno galego tirando do ámbito galego a capacidade de definir os contidos das materias a impartir na Galiza, continuando deste xeito coa política agresiva, uniformadora e e recentralizadora da dereita neofranquista. Asemade realiza un ataque frontal á socialización da nosa lingua entre aqueles que, for polo motivo que for, descóñecena ao favorecer que se matriculen en centros privados.
Utiliza o dereito á aprendizaxe da nosa lingua como estrataxema para ampliar os criterios de subvención con cartos de todos o negocio duns poucos tal como é o ensino privado ao pagar as matrículas daqueles que fuxen do ensino do galego.
Favorece á relixión católica fronte a un ensino laico.
A estas consecuencias deben sumarse os recortes en bolsas e axudas para libros , o despedimento de profesorado, o copago en comedores escolares, o aumento da ratio de alumnos por aulas… E o recorte nos gastos de mentemento dos centros o que está provocando nalgúns centros de Ferrol un estado lamentábel con aulas nas que chove, reducción ao mínimo na calefacción , pistas deportivas que suponen un perigo polo lamentábel estado do seu piso…
ANOVA Ferrol entende que sobran motivos para que os nosos fillos e fillas expresen a protesta.
ANOVA –Ferrol apela ao estudantado para que exprese cun paro masivo e presencia nas marchas convocadas polas organización estudantís a súa raiba e a sua indignación.
Ferrol a 17 de febrero de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)